IniciosociedadeLugo, sede do turismo do século XXI

Lugo, sede do turismo do século XXI

Lugo acolle o I Congreso Nacional de Turismo Experiencial. Desde este mércores, 16 de setembro e ata o día 18, celébrase o CNTE contando con 59 relatores procedentes de diferentes puntos de España, profesionais de referencia no sector do turismo, do lecer, da cultura, da comunicación e do marketing, entre outros.

Publicado o

- Advertisement -

De modalidade presencial e online, o obxectivo deste congreso é sentar as bases do novo turismo do século XXI, para recuperar o potenciar un sector tan importante para a economía, afondando nun turismo experiencial, sostible, seguro e non masificado. Un turismo que achegue valor ao patrimonio cultural e natural do destino, en harmonía co territorio e co medio ambiente.

O congreso inclúe dous workshops sobre “Emprendemento sostible” e “Creación de experiencias turísticas”, que contarán coa participación dos relatores e de membros de Experiencia do Destino, entidade organizadora do Congreso.

A primeira xornada arrincaba cunha análise da nova realidade das Comunidades Autónomas derivada da crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19, afondando nas claves de emprendemento e innovación, centradas na dinamización turística, para fomentar a repoboación rural, centrándose nas claves da xestión sostible das empresas e os beneficios que a rendabilidade dunha empresa triple balance aporta ao territorio, á sociedad e ao novo turismo do século XXI. Tamén se abordou o papel da comunicación, o márketing e as novas tecnoloxías, como claves de éxito para o sector turístico e cultural.

Este xoves no Congreso abordáronse os novos retos do turismo ante o cambio de comportamento do viaxeiro tras a crise sanitaria, a importancia do turismo activo e de natureza na reactivación dun turismo seguro e sostible, a formación no século XXI no sector do turismo experiencial e afondouse nas novas canles de promoción turística para o sector sociocultural, dentro dos desafíos actuais da xestión cultural.

Presentación CNTE / CNTE

Sendo Galicia a Comunidade anfitrioa desta primeira edición do Congreso, non podía faltar unha mesa adicional con algúns dos mellores expertos no Camiño de Santiago.

A Mariña e Ribeira Sacra, emprendemento no Camiño de Santiago

A terceira e última xornada, deste venres 18, consistirá en dúas actividades alternativas: os asistentes elixirán entre visitar a Mariña lucense ou a Ribeira Sacra. Durante as mesmas, seguirán gozando doutro ciclo de relatorios itinerantes relacionados coa idiosincrasia do destino elixido. Estes relatorios serán retransmitidas por streaming o 30 de setembro tanto para os asistentes da modalidade online, como para os asistentes presenciais que queden con ganas de ver o outro destino. Este mesmo día, compartirase outro webinar coas conclusións extraídas tras o encontro, para servir de apoio e inspiración a todos os membros do sector.

Ribeira Sacra / XdL

O programa na Ribeira Sacra será o seguinte:

  • “Claves para o éxito na xestión dun destino. Ribeira Sacra, candidata ao Patrimonio Mundial da UNESCO 2021 ”- Alexandra Seara.
  • “Tesouros da Ribeira Sacra, o románico en ruta” – Beatriz Pérez.
  • “O xeoturismo como estratexia de desenvolvemento territorial” – Martín Alemparte.
  • “Wine Tour e como explotar o potencial da Ribeira Sacra” – Antonio Rodríguez.
  • “Uso e goce do patrimonio cultural” – Alejandro Nerdstrom.
  • “Os plans estratéxicos como ferramentas de traballo e follas de ruta a seguir” – Javier Otero.
  • “O poder da natureza e o seu efecto no turismo” – Ana Vázquez.
  • “Emprender cunha filosofía de producir -san-” – Esther Teijeiro.

O programa na Mariña será o seguinte:

  • “Praia das Catedrais, un referente na xestión do turismo sostible”.
  • «O surf como potencial turístico da costa lucense» – Diego Santos.
  • “Turismo lento, xestión vivencial e sostible na Mariña Lucense”.
  • «O valor das empresas consultoras no asesoramento turístico» – Julio Sánchez.
  • “Faba de Lourenzá e a experiencia gastronómica do peregrino”.
  • “Los Colivings, o novo fogar dos nómadas dixitais” – Patricia García.
  • “Creación de produto turístico no rural” – Vidal Martínez-Sierra.
  • “Achegar o Camiño do Norte a través do coñecemento”.
Praia das catedrais / XdL

“ LugoExperience”, o 19 e 20 de setembro

Como extensión ao Congreso, a fin de semana do 19 e 20 de setembro celebrarase o evento “ LugoExperience”, un escaparate das actividades experienciais da provincia de Lugo. Durante dous intensos días, tanto os asistentes ao Congreso como todos aqueles que busquen vivir unha experiencia única, poderán gozar da singularidade da cidade amurallada e da súa contorna.

Uxío Novoneyra / ivanlopezgimeno.com

A Fundación Uxío Novoneyra, a través dunha iniciativa do fillo do poeta, ofrecerá unha visita exclusiva a cása museo natal e territorio íntimo do poeta Uxío Novoneyra no Xeoparque Unesco das Montañas do Courel, con experiencias gastronómicas e de turismo participativo transformativo. Desde a Gandaría Quintián no municipio do Páramo, ilusionados con poñer en valor o seu produto e o seu proxecto, ofrecerán ao público visitas guiadas nas que, a parte da paisaxe que lles rodea, poderán visitar a súa gandaría e terminar cunha cata dos queixos. Microsoños, ofrecerá esta fin de semana unha experiencia de filmersión de forma virtual e presencial na ”A lagoa do rei” (Rábade) na que os participantes serán os propios actores dunha película; unha combinación de gozar da contorna co cinema. O balneario de Lugo, ofrecerá unha multi-experiencia na que turismo cultural e de saúde mestúranse. O público iniciará a visita coñecendo a historia das termas romanas e restos arqueolóxicos achados no recinto; para posteriormente mergullarse na bañeira de auga micromedicinal con esencias e na piscina de auga termal.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao pide aumentar as prazas de taxi

A Asociación Veciñal do Saviñao dirixiuse á Alcaldía do Saviñao coa finalidade de trasmitir...

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...