HomesociedadeAula de illamento anticovid no CEIP Virxe do Carme de Sober

Aula de illamento anticovid no CEIP Virxe do Carme de Sober

A empresa local Pulviplass Ibérica vén de facerlle entrega ao CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober dun lote de material hixiénico-sanitario para a dotación dunha aula de illamento ou anti-covid no centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A empresa de Sober, Pulviplass Ibérica colabora co colexio de Sober para dotar ao centro dunha aula anticovid. Víctor Fernández, responsable de Pulviplass Ibérica entregoulle o material á directora CEIP, Monserrat Rodríguez, quen agradeceu a doazón en nome da comunidade educativa.

O lote está composto por:

– 2 Botes con dosificador de xel hidroalcohólico

– 10 Batas desbotables impermeables

– 1 caixa de máscaras cirúrxicas infantís 

– 1 caixa de máscaras cirúrxicas adulto

– 1 caixa de máscaras FFP2 adulto 

– 2 Pantallas de protección 

– 2 Pulverizadores manuais para aplicar desinfectantes

Pulviplass Ibérica está a enviar material a diversos países. En concreto, nos últimos meses realizaron exportacións a Perú, Guatemala, Grecia ou Portugal, entre outros. Comercializan pulverizadores e sulfatadoras, así como outros produtos para a vendima, viticultura e poda. A firma comercializa os seus produtos baixo as marcas Floral, Pulviplass e Sober, o que leva o nome do noso Concello polo mundo enteiro.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...