HomesociedadeProtestas que Agroma Sober presenta ao pleno

Protestas que Agroma Sober presenta ao pleno

Agroma Sober levará ao pleno ordinario que en setembro celebra a corporación municipal distintas protestas sobre a circulación viaria, polas bases de selección de persoal laboral temporal a través do Plan de Emprego da Deputación e polo falta de limpeza do Punto Limpo, que se desbordou este verán.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Agroma Sober traslada o absoluto estado de abandono da pista que une Santa Marta con Viloriz, na parroquia de Bolmente, con fochancas perigosas, sendo unha zona moi transitada e con movemento turístico.
Asemade, Agroma reivindicará a sinalización dun cruce en Francos de Proendos, para garantir a seguridade dos peóns e a necesidade de reforzar a sinalización para autobuses no cruce de Santa Marta, esencial dende o punto de vista turístico.

Agroma Sober remitiu un rogo sobre as bases específicas para o acceso a prazas de persoal laboral temporal no Concello de Sober, para contratacións de persoal eventual do Programa de Fomento do Emprego da Deputación. “Queremos manifestar que a convocatoria do posto de traballo de Técnico-a de Turismo debera ter contemplado a titulación de Técnico/a Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas, pois é unha titulación especificamente orientada a traballos como o convocado, para información turística a nivel local, e é un ciclo superior implantado na comarca de Lemos.” Non contemplando esta opción, o Concello de Sober impide optar á praza ás persoas que obtiveran a titulación neste CS, que, se está nesta comarca, é polo carácter turístico da mesma.

Asemade, a convocatoria só contempla como titulación a de Diplomatura en Turismo, xa extinta, pois agora a titulación é o Grao en Turismo. Mais, nas bases, non se contempla a posibilidade de ter unha titulación “equivalente” á da Diplomatura, como si se fai co posto de Monitor-a de Deportes, para o que se require “Técnico-a Superior en Actividades Físicas e Deportivas ou equivalente”.

ÚLTIMAS

Chantada celebra o 14 de febreiro o Desfile de Comparsas con 6.000€ en premios

O Concello de Chantada, co obxectivo de promocionar e conservar as tradicións vinculadas co...

Quiroga abre o prazo para participar no concurso de carteis que anunciará a Feira do Viño

O tema central do cartel será a Feira do Viño de Quiroga, reflectindo a...

155.000€ para impulsar 18 comercios da zona sur da provincia

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este martes algúns dos...

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...