HomesociedadeO alcalde de Sarria, en corentena, tras un positivo no concello

O alcalde de Sarria, en corentena, tras un positivo no concello

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, foi posto en corentena despois de que un dos funcionarios municipais deu positivo por Covid-19, o que tamén levou ás autoridades sanitarias a realizarlles probas PCR a outras 22 persoas vinculadas ao Concello.

En declaracións a EFE, o rexedor local confirmou que o funcionario que deu positivo non presentaba síntomas e tamén están “ asintomáticas” tanto el como as demais persoas ás que onte lles tomaron mostras para realizar as probas PCR.

“Son cinco concelleiros e 17 funcionarios”, dixo Garrido, quen insistiu en que “síntomas non hai ningún” entre as persoas que esperan hoxe o resultado desas probas. En todo caso, confirmou que o Concello de Sarria tomou unha serie de precaucións para evitar contaxios, que se suman ás medidas de seguridade que xa foran implantadas na administración local. Entre esas medidas suplementarias, figura a de suspender temporalmente “a atención ao público” no Concello de Sarria.Palabras descoñecidas.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...