HomesociedadeAberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza de Monforte

Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza de Monforte

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou ben en horario de tarde entre as 17:00 e as 19:00 horas. Todas as persoas interesadas, poderán tamén informarse no 982 40 38 93.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte vén de abrir o prazo de inscrición na Escola Municipal de Danza. A inscrición pode facerse na Secretaría do Edificio Multiusos e través da sede electrónica do Concello, neste enlace.

Dende o Concello infórmase que os/as alumnos/as terán que cumprir estritamente as normas do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 indicadas na circular informativa, que se lles entregará no momento da inscrición.

Especialidades ofertadas: 

  • Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
  • Danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos)
  • Ballet clásico (a partir de 5 anos)

As clases de danza ofertadas contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. 

Do mesmo xeito, levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen.

Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza. Dende o Concello de Monforte inténtase desta forma consolidar, con todas estas especialidades, unha oferta ampla e variada.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...