HomesociedadeSen xerente no Hospital de Monforte

Sen xerente no Hospital de Monforte

A Xunta de Persoal do Hospital de Monforte denuncia a situación de abandono do hospital ao non ter xerente debido a que está a desfrutar dun permiso que durará varios meses.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao carecer de contacto coa xerencia en Monforte, a Xunta de Persoal asegura que vén solicitando desde fai 3 meses unha reunión coa xerencia da eoxi de Lugo, coa intención de poderlle presentar os problemas que se dan no centro, “problemas tanto dos traballadores como dos pacientes que acuden ao hospital, algo tan importante e fundamental para un bo funcionamento de calquera hospital,” sianalan.

A pesar das varias solicitudes de reunión feitas á Xerencia da Eoxi de Lugo, a Xunta de Persoal asegura que non reciben resposta o que califican de “unha desconsideración cara a xunta de persoal dun hospital comarcal coma é o de Monforte.”

A Xunta de Persoal do Hospital Público de Monforte reivindica  que se dé solución a unha situación que baixo o seu criterio é insostible e de trato discriminatorio cara este centro hospitalario.

ÚLTIMAS

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...

Quiroga presume dos datos turísticos que deixa o 2025

Os museos tamén aumentan as visitas ás instalacións, destacando especialmente o Museo Etnográfico que...