Homesociedade145.000 euros para a mellora da estrada provincial entre Ferreira e Escairón

145.000 euros para a mellora da estrada provincial entre Ferreira e Escairón

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres, 2 de outubri; por un importe de 145.000€ a licitación das obras de rehabilitación do firme da estrada LU-P-4102 entre Ferreira de Pantón e Escairón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os traballos realizaranse en máis de dous quilómetros da vía, entre os puntos quilométricos 3,7 e 6,1. As melloras, que beneficiarán a numerosos veciños e veciñas, consistirán na limpeza de cunetas, acondicionamento do firme con aglomerado en quente, e instalación de nova sinalización horizontal e vertical, así como o repintado. O prazo de execución é de 6 meses.

Estas actuacións súmanse as xas executadas anteriormente pola Deputación nesta mesma vía, nun total de 3 quilómetros, entre os puntos 0 e 3, cun investimento de 160.000€. Ditos traballos permitiron a renovación da vía con aglomerado en quente, limpeza de cunetas e mellora da sinalización e repintado. 

O Presidente subliñou que a día de hoxe a Deputación ten en marcha obras de mellora da rede viaria provincial por valor de 4,7M€, o que demostra o seu “compromiso por favorecer o equilibrio territorial, a igualdade de oportunidades e a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia”.

Máis melloras en dúas estradas de Carballedo

A Deputación aprobou o Plan de Seguridade e Saúde no Traballo para a rehabilitación do firme de dúas estradas provinciais de Carballedo. Trátanse da LU-P-1001, de Barrela por Castro a Peares, e da LU-P-1010, da Touza por Presa de Peares á Granxa. 

Na primeira vía, a institución provincial realizará a limpeza de cunetas e o formigonado das mesmas dende os puntos quilométricos 16,3 ao 16,7. Na segunda, á altura do punto quilométrico 2,7, no entorno do pantalán do embalse dos Peares, realizarase un reperfilado das cunetas que rodean o aparcadoiro e o formigonado das mesmas. Así mesmo, repararase a pasarela de acceso ao pantalán. Estas obras contan cun orzamento de 32.000 euros e teñen un prazo de execución dun mes. 

ÚLTIMAS

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...