HomesociedadeRibeira Sacra vendima 5.233.049 quilos

Ribeira Sacra vendima 5.233.049 quilos

A D.O. Ribeira Sacra deixa atrás unha vendima temperá, sen superar á do 2017 que comezaba o 19 de agosto, e unha campaña na que se tivo que enfrontar á pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este mércores, 7 de outubro, entraron en adega as últimas uvas recollidas na D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, o que dá por finalizada a campaña oficialmente. A día de hoxe, cando todas as adegas terminaron coa recollida de uva, os datos de quilos de uva por variedade son os seguintes:

Variedades tintas:

  • Mencía: 4.296.530 k
  • Garnacha: 134.607 k
  • Sousón: 112.462 k
  • Brancellao: 51.574 k
  • Merenzao: 50.072 k
  • Caíño: 28.424 k
  • Tempranillo: 25.024 k
  • Mouratón: 5.355 k
  • Grao Negro: 1.425 k

Variedades brancas:

  • Godello: 412.948 k
  • Albariño: 62.717 k
  • Treixadura: 44.125 k
  • Dona Branca: 8.875 k
  • Branco lexítimo 4.430 k
  • Torrontés: 3.060 k
  • Loureira: 2.511 k


TOTAL DE KGS RECOLLIDOS:   5.244.049

Despois de que o 2019 fora o ano da vendima máis abondosa na D.O. Ribeira Sacra, a campaña 2020 péchase segundo as previsións despois dun ano complicado, “Tivemos unha primavera moi chuviosa cunhas temperaturas atípicas e os fungos atacaron máis do normal. Foi un ano complicado onde se cumpriron as expectativas dun ano difícil con condicións climáticas adversas. Despois da colleita máis abondosa tamén a natureza se autorregulou e todo está dentro do esperado, cun pouco menos dun 15% menos de colleita dun ano normal. 5 millóns 200.000 quilos recollidos nunha campaña cunhas condicións meteorolóxicas que contribuiron ao estado óptimo da uva e á fixación da súa acidez,” afirma o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez.

Vendima na D.O. Ribeira Sacra / CRDORS

Con todo a D.O. supera a colleita do 2013 e do 2014 onde non se chegou ao 5 millóns de quilos. No 2015 recolléronse 6.227.365 quilos, no 2016 recolléronse 5.585.306 quilos; no 2017 foron 5.515.694 e no 2018 chegouse a 6.170.995. No 2019 fora a vendima histórica de 51 días recollendo uva para facerse con máis de 7.200.00 quilos.

A D.O. Ribeira Sacra deixa atrás unha vendima temperá, sen superar á do 2017 que comezaba o 19 de agosto, e unha campaña na que se tivo que enfrontar á pandemia, como sinala José Manuel Rodríguez, “A pandemia non tivo incidencia durante a vendima, pero si no coidado das viñas; en moitos casos trátase de economías complementarias de xente que non está aquí e que tivo problemas de desprazamentos para atender a viña. Polo demais a vendima comezou antes e terminou antes cunha uva en excelente estado sanitario e con moi bo grao porque nesta D.O. o tema da maduración non é un problema.”

O ano pasado tras rematar a vendima, a Denominación preparábase para acoller a XXIV Asemblea Xeral da Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), neste ano de pandemia toca seguir concentrados nun viño que o mercado nacional seguiu demandando, “Agora toca centrarase en coidar o viño, que o viño que se meteu nas cubas se manteña e traballar para o mercado e poder vendelo. Despois dun ano de ventas no que a D.O. Ribeira Sacra foi un caso afortunadamente atípico no mercado nacional e influiu menos que noutros lados o tema da Covid. A pesar das dificultades soubemos seguir estando aí cun produto de alto nivel,” asegura José Manuel Rodríguez.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...