HomesociedadeMellora da estrada entre Monforte e Chavaga

Mellora da estrada entre Monforte e Chavaga

A intervención forma parte dun contrato maior, de mellora do firme en tres estradas autonómicas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos, cun investimento da Xunta de máis de 1 millón de euros

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de iniciar esta semana as obras de mellora do firme nun treito de 6,7 quilómetros da estrada LU-933 no concello de Monforte de Lemos, entre o núcleo urbano e a parroquia de Chavaga (puntos quilométricos 2,060 a 8,820).

As obras teñen un orzamento de licitación de 310.200 euros. Actualmente estase a traballar no treito urbano e se as condicións climatolóxicas o permiten, agárdase completar toda a actuación antes de que finalice o ano.

A Xunta actuará en 2,3 quilómetros máis do que tiña previsto, unha vez constatado que o orzamento dispoñible para destinar a estas obras permite ampliar a planificación inicial, entre Monforte e Bascós, e continuar as melloras ata a parroquia de Chavaga.

Os traballos consistirán na rehabilitación do pavimento deteriorado mediante a execución de fresados e a extensión dunha nova capa de rodaxe con mestura asfáltica en quente en toda a calzada.

Tamén se realizará unha limpeza de gabias e noiros. A actuación completarase coa posterior reposición e renovación da sinalización horizontal e o balizamento en todos o treitos afectados.

Esta intervención da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade forma parte do contrato das obras de mellora do firme en tres estradas que vertebran as comunicacións con Monforte de Lemos, cun investimento autonómico de máis dun millón de euros.

Son actuacións en diferentes treitos da vía de altas prestacións VG-2.1 de Monforte; da LU-546 (vía que conecta Nadela con Monforte) ao seu paso polos municipios do Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria e da LU-933. O contrato tamén inclúe melloras na LU-722, en Navia de Suarna.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...