HomesociedadeNova licitación do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón

Nova licitación do Centro de Atención a Maiores da Pobra do Brollón

A Deputación aproba de novo a licitación das obras de construción do Centro de Atención a Maiores (CAM) da Pobra do Brollón por 1.750.000€ e achega 150.000€ para dotar dunha solución á problemática coa Ponte Ribeira en Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación tivo que licitar outra vez o CAM da Pobra do Brollón porque o anterior contrato tívose que resolver por cuestións alleas á institución. “Agora xa temos en marcha o novo proceso para facer posible esta dotación social pública que dará servizo á veciñanza da Pobra do Brollón e da súa comarca”, destaca García Porto 

Tamén quedou aprobada unha modificación do convenio de colaboración co Concello da Pobra do Brollón para a construción do centro, co obxectivo de ampliar os prazos ata o 31 de maio de 2022 para licitar, rematar e recibir a residencia. Así mesmo, a modificación tamén establece que o convenio terá vixencia ata finais do mes de xuño do 2022. 

Convenio para Ponte Ribeira

O Executivo provincial tamén aprobou na súa reunión deste venres un convenio de colaboración co Concello de Sarria a través do que a Deputación achega 150.000€ para dotar dunha solución á problemática coa Ponte Ribeira. Este novo convenio contempla a construción dunha pasarela metálica provisional, un estudo hidrolóxico de capacidade de desaugue e o acondicionamento da contorna de Ponte Ribeira. García Porto incidiu na relevancia desta actuación, que “mellorará a mobilidade dos veciños e veciñas e, polo tanto, a súa calidade de vida, pero tamén terá un efecto positivo na actividade económica e nos moitos peregrinos que visitan este municipio”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...