Homesociedade12.000 euros para AFA Chantada

12.000 euros para AFA Chantada

A institución provincial destina 12.000 euros á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada para prestar este servizo a persoas e familias que sofren esta doenza, sobre todo en zonas rurais

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o presidente de AFA Chantada (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer), Enrique Rojo Rojo, asinaron un convenio de colaboración polo cal o organismo provincial achega 12.000 euros ao colectivo para o servizo de transporte de 10 usuarios e usuarias no concello de Chantada, sobre todo en zonas rurais. 

O Presidente puxo en valor “o esforzo e traballo que fan os colectivos sociais, como por exemplo AFA Chantada, prestando atención profesional ás persoas que máis o necesitan, nunha provincia como a de Lugo, envellecida e cunha dispersión xeográfica tan grande que complica a atención”.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada é un colectivo sen ánimo de lucro que ten como fin que os doentes acaden o maior grado de autonomía posible e potenciar as relacións e actividades socias, para evitar o illamento social. O colectivo desenvolve diariamente obradoiros de memoria, estimulación cognitiva e exercicios de ximnasia no seu centro terapéutico. Ademais, ofrece ás familias acompañamento e apoio psicolóxico. 

ÚLTIMAS

O 27 de outubro abre a nova Piscina da Pinguela en Monforte de Lemos

Esta tarde, ás 19:00 h. tivo lugar a presentación oficial das novas instalacións da...

Sober retoma polo San Martiño as Festas do Carme, suspendidas polo incendio

O Concello de Sober retomará polo San Martiño, patrón das parroquias á que pertence...

Iago Suárez: “A Xunta utiliza a Ribeira Sacra como atrezzo, pero ignora a xente que vive nela”

O deputado do BNG, Iago Suárez, reclamou esta semana na Comisión de Cultura do...

O PP pide á Deputación que arranxe a LU-P-4112 en Pantón

Os deputados populares condenan “o mal estado” desta vía de titularidade provincial “o que...