HomesociedadeO Saviñao dedica 40.000 euros á reforma da biblioteca municipal

O Saviñao dedica 40.000 euros á reforma da biblioteca municipal

Con esta actuación contribúese a que este edificio, “que xa é emblemático para o municipio”, sexa “máis cómodo e esteticamente mellor ornamentado”, explica Carlos Armesto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao pon en valor a biblioteca municipal coa reforma integral do teito. Deste xeito, segundo explica o alcalde, Carlos Armesto, contribúese a que este edificio, “que xa é emblemático para o municipio”, sexa “máis cómodo e esteticamente mellor ornamentado”.

Concretamente, a entidade local destina a esta actuación 40.000 euros. Os traballos, que xa están iniciados, consisten no adecentamento total da cuberta. Inclúen a construción dun lucernario na parte alta, substituíndo as uralitas, e as baixantes irán en canal de cinc. Ademais, recuperarase a balconada traseira. Esta é un elemento de madeira que separa a biblioteca do auditorio, polo que, subliña o máximo mandatario municipal, “tamén fará que este edificio sexa máis atractivo”.

A reforma da cuberta e, con elo da biblioteca, enmárcase no obxectivo do goberno local de “actuar en todas as instalación públicas”. “Pouco a pouco iremos facendo obras en todas elas. Neste caso, o que pretendemos é que O Saviñao mellore un edificio que é un referente”, conclúe Armesto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...