Homesociedade660.000 euros da Deputación para melloras en estradas de Sober e Paradela

660.000 euros da Deputación para melloras en estradas de Sober e Paradela

Adxudicados por 325.000€ os traballos de conservación de estradas da Zona 4, que inclúe entre outros concellos, O Páramo, Sarria e Paradela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno aprobou iniciativas por un volume económico que no seu conxunto ascende aos 2M€. En materia de estradas provinciais aprobouse a licitación de obras de mellora en 7 vías nos concellos de Ourol, Sober e Paradela por cerca de 1M€.

En Sober vaise acondicionar a estrada LU-P-5903, que une Sober con Doade. Vaise arranxar preto dun quilómetro desta vía, entre o punto quilométrico 13 e o 13,740.  Estes traballos teñen un orzamento  de licitación de preto de 117.000€ e un prazo de execución de 9 meses.

Trátase dun dos tres tramos que unen Sober coa estrada autonómica de Monforte a Castro Caldelas pendentes de acondicionar, segundo explicou o Presidente, quen avanzou que o compromiso da institución é telos rematados todos neste mandato. Esta estrada ten relevancia social e económica, pois pasa pola parroquia de Amandi,  dando servizo á veciñanza e ás persoas que se achegan ás adegas da zona.

No concello de Paradela vaise renovar o firme de tres estradas provinciais que unen Paradela co núcleo de Currelos, no Saviñao. O orzamento de licitación é de preto de 543.000€ para acondicionar un total de 12 quilómetros de vías. Unha delas é a LU-P-4201, que une Pacios con Mosteirovello,  unha vía que se vai arranxar en tres treitos, que suman un total de preto de 2,5 quilómetros: o primeiro tramo vai dende o punto quilométrico 0 ata o 1,235; o segundo, dende o 1,405 ó 1,810; e o terceiro, do 3,435 ó 4,200. Esta é unha estrada que vertebra parte do municipio, dando servizo a unha zona importante da poboación de Paradela. Na LU-P-4205, que une os núcleos de Aldosende e Foilebar, mellorarase un treito da vía de máis de 3 quilómetros e medio, dende o punto quilométrico 2,331 ao 5,924. E a terceira vía que se vai arranxar en Paradela é a  LU-P-5818. Os traballos acometeranse dende a intersección coa estrada provincial LU-P-4202 ata o núcleo de Vila. Esta estrada dá servizo a moitas parroquias e núcleos que concentran bastante poboación como son Valmigallo, Vilacaíz, Carballós e O Amedo. 

Tendo en conta que, como lembrou o Presidente, a Deputación xa actuou no tramo que vai de Escairón a Currelos, a unión entre Paradela e a capitalidade do Saviñao quedaría con estas actuacións totalmente renovada.

Conservación de estradas zona 4

Na Xunta de Goberno tamén quedaron adxudicadas as tarefas de conservación a Zona 4 da rede viaria provincial, que inclúe os concellos de Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín, O Páramo, Sarria, Paradela, Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín e Palas de Rei. A empresa adxudicataria é T.A. Isidro Hermanos Blanco Trigo, S.L. por un importe de algo máis de 325.000€ para este ano 2020 e o que vén.

A principios deste ano a empresa adxudicataria da conservación de estradas da Zona 4 presentou unha comunicación na que indicaba a non dispoñibilidade de medios para executar o contrato. Por iso, a Deputación o resolveu e o licitou de novo. Durante todo este tempo, mentres non se adxudicou outra vez o servizo, ocupouse dos traballos a empresa adxudicataria da Zona 8. 

ÚLTIMAS

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...