HomesociedadeBuscas casa no Courel?

Buscas casa no Courel?

Desde C@urel Vivo abriron un censo de casas, sequeiros, cabanas..., onde cada propietario pode anunciar a súa se desexa alugala por larga estancia ou vendela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde C@urel Vivo aseguran que se nota un aumento da demanda de vivendas na zona, dada a situación da Covid-19 onde moitas familias prefiren retornar ó rural.

Segundo esta formación política, moitos destes inmobles non están anunciados polo que non son  localizables polos interesados. Nestas circunstancias este ano tentaron poñer en contacto a ambas partes, e afirman que viron a necesidade de facer un censo accesible por todos no que apareceran estas instalacións e as que faltan, podendo contactar con eles para engadilas.

Algúns propietarios dan a posibilidade de cedelas por uns anos e nalgúns casos que precisan arranxo plantéxase que o inquilino a arranxe. O listado de vivendas que ofrece CV pódese consultar neste enlace. Se algún propietario/a desexa anunciar a súa podeo facer no 669164004, no correo caurelvivo@gmail.com ou por facebook.

Segundo o IGE, no Courel das 480 vivendas principais que hai, o 10% están baleiras. Outras 430 son vivendas secuntarias. Non hai un listado oficial das edificacións en ruinas, ás cales a veces se converten nun problema, como sinalan desde C@urel Vivo. A este respecto CV asegura que levará a pleno unha proposta para debater entre os 3 grupos do Concello.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...