HomesociedadeO Saviñao instala tres cubrecolectores nas zonas da Cova e Fión

O Saviñao instala tres cubrecolectores nas zonas da Cova e Fión

No obradoiro de emprego Ricra III, co que se executou esta obra, contratáronse un total de 20 persoas, que prestaron o seu servizo na especialidade de carpinteiría e na sociosanitaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Concello do Saviñao, Carlos Armesto, informa de que veñen de instalar tres cubrecolectores nas zonas da Cova e Fión co obradoiro de emprego da Xunta de Galicia Ricra III. Trátase de tres estruturas de madeira, que foron executadas no marco desta iniciativa, compartida cos Concellos de Sober e Pantón.

As persoas contratadas no RicraIII prestaron o seu servizo en tres especialidades: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintaría e, por último, moble e traballos de carpintaría. Foi precisamente, nestas últimas modalidades nas que se incluíron os cubrecolectores do Saviñao.

Dentro deste obradoiro tamén se elaborou outro tipo de mobiliario urbano, como varandas de madeira, estanterías, armarios ou bancos. Ademais, na modalidade sociosanitaria, os beneficiarios tamén realizaron labores na residencia Nuestra Señora del Carmen, en Sober, e no centro de día de Pantón.

ÚLTIMAS

Quiroga celebra este 25 de outubro o QuiMedo con 8 casas do terror

A cita do terror pechou o prazo de inscricións unha vez se acadaron os 1.200...

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...