IniciosociedadeMonforte quere ser referente en accesibilidade

Monforte quere ser referente en accesibilidade

O concello de Monforte presenta o Proxecto de mellora da Accesibilidade da capitalidade municipal ao que a administración local destinará 295.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello ven de elaborar o Proxecto de Mellora da Accesibilidade Universal nos edificios e parques municipais da cidade de Monforte, no que se recolle a situación actual da accesibilidade nos principais equipamentos do Concello e no que se organizan as actuacións a levar a cabo en cada caso, integradas por áreas de intervención e prioridade segundo o alcance e viabilidade da súa execución.

O principal obxectivo do Proxecto “é mellorar a accesibilidade universal nos equipamentos que son de titularidade municipal, para contribuír a unha maior calidade de vida de todos os monfortinos e monfortinas, así como as persoas que visitan a cidade”, sinalou o rexedor municipal. Para elo, desenvolveuse este proxecto de supresión das barreiras e obstáculos que dificultan ou impiden o uso de edificios públicos e parque municipais da cidade, e nel indícanse as solucións a aquelas. 

Queremos que o Plan se converta”, indica o Alcalde, “nunha ferramenta de referencia para acometer as melloras indicadas en cada ámbito e espazo de actuación, co obxectivo de proxectar e planificar un futuro sen barreiras e adaptar os edificios públicos e o medio urbano existentes, para, en definitiva, eliminar as barreiras que aínda existan no noso Concello”.

Casa Consistorial Monforte / Concello de Monforte

Obxectivos xerais do Plan

  • Mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
  • Revitalizar o entorno urbano rexenerando o seu espazo.
  • Garantir o acceso de todos e todas ós equipamentos municipais.
  • Potenciar a mellora dos espazos libres públicos.
  • Favorecer o deseño urbano a escala humana.
  • Normalizar solucións cumprindo parámetros de accesibilidade universal.

Obxectivos particulares do Plan

  • Constituír un instrumento práctico e operativo para a supresión de barreiras arquitectónicas e urbanísticas.
  • Servir de instrumento de divulgación, promoción e xestión da accesibilidade urbana universal e de referencia para as futuras actuacións e proxectos do Concello.
  • Elaborar un diagnóstico en materia de accesibilidade e calidade dos edificios e espazos públicos para todos os cidadáns.
  • Ofrecer criterios de actuación e deseño, por áreas, fases e prioridades, executando os mesmos.
  • Converter a Monforte de Lemos nun Concello de referencia en materia de accesibilidade.

No proxecto, segundo sinalan desde o concello, apórtanse solucións de mellora da accesibilidade en aspectos como a ubicación e proximidade dos aparcadoiros reservados, a situación dos espazos urbanos exteriores dos parques e os accesos ós edificios, as comunicacións verticais e horizontais no interior dos equipamentos (ascensores, escaleiras, corredores), os aseos e vestiarios de uso público dos edificios, a sinalética dos diferentes espazos de uso tanto interiores como exteriores, e o mobiliario que conteñen edificios e parques.

presentación Plan Acesibilidade / Concello de Monforte

Equipamentos e áreas de actuación obxecto de análise

O Plan de Accesibilidade do Concello de Monforte incluíu o estudo dos seguintes espazos de titularidade municipal:

Edificios municipais:

  • Casa do Concello
  • Centro do Viño
  • Praza de Abastos
  • Casa da Cultura
  • Edificio Multiusos
  • Campo de fútbol da Pinguela
  • Campo de fútbol Luis Bodegas
  • Pavillón Polideportivo da Pinguela
  • Piscina Climatizada
  • As Casitas
  • Gardería Municipal 
  • Centro Cívico

Parques:

  • Parque da Pinguela(rúa A Pinguela)
  • Parque da Compañía
  • Parque El Vivero (Doutor López Suárez)
  • Parque A Florida (Benito Vicetto)

A orde de prioridade que se establece para estas áreas, segundo a urxencia de execución das mesmas, é: Casa do Concello, Centro do Viño, Polideportivo A Pinguela, Piscina climatizada, Praza de Abastos, Edificio Multiusos, Centro Cívico, Casa da Cultura, Parques municipais, As Casitas, e en último lugar os campos de fútbol da Pinguela e Luis Bodegas.

Para o desenvolvemento deste Plan de Accesibilidade, o Concello dispón unha partida orzamentaria 295.108,11 €.

“En definitiva”, concluíu o Alcalde, “a través deste importante plan, proxectamos e planificamos un futuro sen barreiras, no que adaptamos os edificios públicos e o medio urbano existentes para, en definitiva, eliminar as barreiras que aínda existan no noso Concello. Estou seguro que con este Proxecto, moi pronto Monforte de Lemos será un Concello de referencia en materia de accesibilidade”.

Plano accesibilidade / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...

A escritora quiroguesa Celia Díaz estará na ‘Diada de San Jordi’

Celia Díaz chega a Barcelona para vivir a experiencia de dar a coñecer as...