HomesociedadePeche perimetral de Monforte

Peche perimetral de Monforte

Galicia amplía as restricións a 60 concellos. Ademais das 7 cidades súmanse outros 53 municipios, "o 60 por cento da poboación galega", que terán confinamento perimetral a partir do venres ás 15.00 horas. A maiores, supón o peche da hostalaría e a limitación do deporte á práctica individual.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alberto Núñez Feijóo, comparecía ante os medios para informar das medidas acordadas no comité clínico, que se volveu a reunir na mañá deste mércores despois de que na sesión da tarde noite deste martes 3 de novembro decidise manter en vigor as restricións vixentes en Galicia para conter os contaxios por Covid-19, incluído o confinamento perimetral das sete grandes cidades.

Monforte de Lemos será un dos concellos onde se restrinxirán as actividades non esenciais e haberá limitación de movementos perimetral dende o venres 6 ás 15:00 h.

Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Beth Willard, recoñecida xornalista e crítica de viños, visitou a Ribeira Sacra

O Consello Regulador da Ribeira Sacra encargouse de coordinar a estancia e a programación...

Máis de 550 participantes inscritos para o QTC 2027

Conta atrás para a celebración do Quiroga Trail Challenge 2027, proba que conta xa...

Tomé presenta uns Orzamentos de 21,5M€ incrementándose nun 16% con respecto ao 2025

O orzamento será sometido a debate e aprobación no Pleno municipal do vindeiro luns...

O BNG de Monforte esíxelle ao Concello solucións para as traballadoras da limpeza nos colexios públicos

A formación nacionalista lembra que xa preguntou no anterior pleno pola situación destas traballadoras...