HomesociedadeDetido por usar permiso de residencia doutra persoa para traballar en Láncara

Detido por usar permiso de residencia doutra persoa para traballar en Láncara

Detido un veciño de León por presentar o permiso de residencia doutra persoa para traballar nunha explotación en Láncara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de León en situación irregular por presentar o permiso de residencia doutra persoa para traballar nunha explotación agrícola no municipio de Láncara. Segundo informou o Instituto Armado e comunican desde EFE, na localidade lucense da Pobra de San Xiao foi detido un cidadán senegalés de 30 anos de idade veciño de León, como presunto autor dun delito de usurpación de estado civil.

O presunto autor en situación irregular supostamente presentou un permiso de residencia dunha terceira persoa coa finalidade de traballar nunha explotación agrícola situada en Láncara, feitos ocorridos desde o mes de setembro do pasado ano ata a actualidade, indicaron as mesmas fontes. A persoa detida en relación con estes feitos foi posta a disposición xudicial, confirmaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...