HomesociedadeQuiroga celebra o día 11 o San Martiño

Quiroga celebra o día 11 o San Martiño

O Concello de Quiroga conmemora o Día de San Martiño, Patrón da vila, este mércores día 11 de novembro. Farao cunha serie de actividades adaptadas ás circunstancias actuais derivadas da pandemia da COVID-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa de actos dará comezo ás 11:00 h cunha alborada a cargo do grupo de gaitas local “O Recanto” que percorrerán as rúas da vila  ao longo de toda a mañá. Colabora no patrocinio desta actividade a Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos.

Ás 12:30 h. terá lugar a Misa Solemne.

Ás 14:00 h. a Televisión Municipal  de Quiroga  emitirá unha programación especial do magosto e o San Martiño.

Ás 18:00 h. actuación do grupo de música tradicional “Entre Lusco e Fusco” polas rúas de Quiroga. Esta activiade conta coa colaboración da Deputación Provincial a través do Programa Musiqueando.

ÚLTIMAS

“A marcha nórdica activa o 90% da musculatura e, se sorrís, o 100%”, Alberto Fidalgo, subcampión do mundo

Alberto Fidalgo cóntanos que dende pequeno sentiu atracción polos deportes de montaña e natureza,...

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...