HomesociedadeUn escaparate virtual para axudar á hostalería monfortina

Un escaparate virtual para axudar á hostalería monfortina

Un veciño de Monforte pon o seu gran de area para axudar a bares e restaurantes da súa cidade tras o peche decretado pola Xunta de Galicia durante un mes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras coñecer a noticia do confinamento perimetral de Monforte e do peche da súa hostalería, o monfortino Miguel Ángel Pino Vázquez, de Aulario Athenea, mobilizouse á velocidade da luz para poñer o seu saber no deseño de páxinas web ao servizo do ben común dos emprendedores da restauración.

Tras coñecer a decisión de peche de bares e restaurantes da cidade do Cabe a pasada semana púxose mans á obra e confeccionou un portal web que vén a ser un escaparate para que os negocios de hostalería poidan ofrecer unha ligazón ás súas cartas e ter máis visibilidade á hora de ofrecer o servizo de recollida ou de entrega a domicilio.

Miguel Ángel propagou polas redes sociais a súa iniciativa ofrecendo o correo electrónico info@hosteleriamonforte.com para que aqueles negocios que o desexasen enviaran a súa carta, unha foto do local e/ou o logotipo se querían aparecer no catálogo de negocios que saen xa na web creada de xeito totalmente altruísta www.hosteleriamonforte.com.

Na propia páxina, o autor da mesma aclara que non se recollen datos persoais de ningún tipo e que a iniciativa se desmarca de calquera posicionamento político, sendo o único obxectivo da mesma “ser altofalante dos hostaleiros de Monforte de Lemos”.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...