HomesociedadeEntregada unha vivenda de promoción pública na rúa Frei Luis de Granada...

Entregada unha vivenda de promoción pública na rúa Frei Luis de Granada de Sarria

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias Fouz, vén de entregar as chaves dunha vivenda de promoción pública no número 2-6 da rúa Frei Luís de Granada, de Sarria, á súa adxudicataria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A vivenda entregada é un piso de dous dormitorios, 65 metros cadrados, garaxe e rocho, que pasa a formar parte do grupo de 20 vivendas situadas no citado edificio.

A vivenda, que foi construída polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) co obxectivo de responder á demanda de pisos de promoción pública e de fomentar o asentamento de poboación na vila, entrégase en réxime de alugamento.

As persoas interesadas en optar a este tipo de adxudicacións poden inscribirse no Rexistro Único de Demandantes, que xestiona o IGVS. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...