HomesociedadeRestablécese o acceso para vehículos autorizados ó tramo peonil da rúa Cardenal

Restablécese o acceso para vehículos autorizados ó tramo peonil da rúa Cardenal

O acordo entraría en vigor este luns, 16 de novembro, e prodúcese despois de que un informe da Policía Local considerara adecuada a súa apertura, recomendando o establecemento de medios de control do acceso só a vehículos autorizados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Logo de transcorrer un período de varios meses dende a finalización das obras de renovación do firme de granito do tramo peonil da rúa Cardenal de Monforte, e toda vez que os informes indican que firme se atopa consolidado e é apto para a circulación de vehículos, dende o Concello procederase a apertura de dito tramo peonil.

Sen embargo, a Ordenanza Municipal de Tráfico do Concello de Monforte, só autoriza a circulación polas rúas peonís da cidade de determinados usuarios autorizados, especialmente os relacionados por exemplo con servizos de emerxencias ou os de aprovisionamento de combustibles. Polo tanto, so poderán acceder este tipo de vehículos ó tramo peonil de dita rúa Cardenal, ou de outro tipo sempre que sexan autorizados.

Do mesmo xeito, o Alcalde informa que a Xunta de Goberno acordou iniciar o procedemento para establecer mecanismos de control de acceso dos mencionados vehículos autorizados a esta zona peonil, tal e como recomenda o informe da Policía Local, que será levada a cabo a través de dispositivos telemáticos, co obxectivo de garantir que a circulación de vehículos polo tramo peonil da rúa Cardenal sexa estritamente daqueles autorizados pola normativa vixente, e nos horarios en que aquela o permite.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...