HomesociedadeCurso de turismo para a hostalería de Monforte

Curso de turismo para a hostalería de Monforte

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo organiza un curso sobre “Monforte Recurso Turístico “

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O curso “Monforte Recurso Turístico” desenvolverase os días 24, 25 e 26 de Novembro en horario de 11.00 h a 12:30 h nas instalacións da Delegación zona Sur da APEHL, situada na rúa Zapaterías de Monforte.

O curso estará impartido pola guía turística de Galicia, Ana Buján. A actividade está subvencionada polo Concello de Monforte e destinada ao sector hostaleiro e turístico, para darlle un maior servizo de información aos seus clientes e turistas que visiten a cidade.

Todas aquelas persoas interesadas en participar do curso deben poñerse en contacto coa delegación da APEHL no número de teléfono: 982.412.050. As prazas son limitadas para cumprir coa normativa de aforo.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...