HomesociedadeA Pobra do Brollón pola educación en igualdade no 25N

A Pobra do Brollón pola educación en igualdade no 25N

O Concello da Pobra do Brollón apostou pola educación en igualdade para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entregouse a cada estudante do CEIP A Pobra do Brollón un xogo didáctico dos Bolechas que traballa a igualdade de xénero de xeito lúdico e con contidos específicos adaptados ao municipio.

Membros da corporación municipal e de Servizos Sociais repartiron os xogos no colexio. O alcalde, Xosé Lois Maceda, aproveitou para agradecer ao profesorado pola súa “labor vital na educación e sensibilización das persoas que van dirixir o futuro da nosa sociedade”.

A iniciativa prodúcese grazas a colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta, dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade.

Antes de visitar o colexio, membros da corporación e traballadores do concello concentráronse diante da Casa do Concello para manifestar o seu rexeitamento das violencias de xénero.

O acto incluíu a lectura dun manifesto e lucíronse carteis e material gráfico da campaña ‘En negro contra as violencias’, na que participa o Concello da Pobra do Brollón por segundo ano consecutivo a través da Deputación de Lugo.

A lectura do manifesto foi a cargo do alcalde, Xosé Lois Maceda, non sen antes salientar a “importancia do traballo no día a día e dos feitos antes que os actos na loita e na concienciación fronte á violencia machista”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...