HomesociedadeIluminación de Nadal en Monforte a partir do día 4 para axudar...

Iluminación de Nadal en Monforte a partir do día 4 para axudar a comercio e hostalería

As arcas municipais destinan este ano un orzamento de 28.000 euros ás luces deste Nadal, que son 1.000 euros máis que en 2019. A cifra representa un 3,7% máis do que se investiu o pasado ano 2019.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte considera que instalar este ano o alumeado de Nadal é unha boa maneira de axudar ó Comercio e á Hostalería, animando ós monfortinos e veciños dos concellos limítrofes a saír da casa e a mercar nos establecementos monfortinos, contribuíndo á dinamización económica.

O concello seguirá tentando que todos os veciños e veciñas da cidade teñan cerca das súas casas algún arco luminoso que estimule o sentimento navideño.

Estrela da Praza de España terá un novo significado, instalando un alumeado que simboliza un regalo para todos. O Alcalde destaca que “dende o Concello desexamos que, despois de todos os problemas que nos trouxo a pandemia do Covid-19, este arco-paquete-regalo, que simbolice unha nova esperanza e unha nova ilusión para o vindeiro ano 2021. Un ano que veña cheo de alegría e de oportunidades para todos, e que nos regale saúde, normalidade e progreso económico para todos, deixando atrás o pesadelo da pandemia do Covid-19”.

Contarán con iluminación 64 rúas, 2 máis que no ano anterior, e o número de arcos pasará de 160 a 177, aumentando en 17 arcos, o que supón un 10,6% máis que en 2019.

Ademais das 64 rúas iluminadas, tamén estarán adornadas a Torre da Homenaxe, a praza de España, o Campo de San Antonio, a praza de Carude, a praza dos Chaos e a praza da Estación, e 7 letreiros de “Bo Nadal” ubicaranse nas entradas á cidade de Monforte. Este ano tamén será adornado coa Estrela de Nadal, o cedro que se atopa entre a praza das Casitas e a explanada da Compañía, coma unha guía cara un ano mellor.

ÚLTIMAS

O IES Francisco Daviña Rey premiado no Concurso de Carteis do programa ‘Recíclate con Sogama’

O centro de ensino monfortino IES Francisco Daviña Rey, e o CEIP Manuel Luis...

O PP de Monforte demandará no pleno un plan de acción para os edificios ruinosos

Katy Varela, a voceira popular, explica que este é un problema “crecente” no municipio,...

Día da bici e das Letras Galegas no Colexio Novo de Monforte

As familias sairon en bicicleta cos seus nenos por un roteiro que partía do...

Por Chantada-IGV alerta dun novo catastrazo

Segundo Por Chantada nas dúas lexislaturas pasadas, o concello de Chantada recadou 600.000€ co...