Homesociedade19 diplomas de especialistas en enoturismo

19 diplomas de especialistas en enoturismo

O curso enmárcase no convenio de colaboración da institución provincial coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería para impulsar o turismo e a gastronomía e apoiar ao sector gravemente afectado pola pandemia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, entrega os diplomas aos 19 profesionais participantes no curso de especialización en enoturismo organizado pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) grazas á Deputación.

Esta actividade formativa gratuíta enmárcase no convenio de colaboración polo que a Deputación de Lugo achega 60.000€ á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería co fin de promocionar o turismo e a gastronomía e apoiar a este sector, gravemente afectado pola pandemia. 

Os 19 participantes que recibiron os diplomas pertencen ao sector do turismo, hoteleiro e de servizos. No acto de entrega destes certificados, Pilar García Porto animou ao alumnado a poñer en práctica os coñecementos de enoturismo no seu eido profesional e salientou ademais que “este curso de especialización en proxectos enoturísticos enmárcase na aposta da Deputación de Lugo por ofrecer un turismo de calidade, proximidade, sostible e de experiencias, que potencia a Ribeira Sacra e a riqueza vitivinícola da nosa provincia”. 

A actividade formativa impartida polo Instituto Galego do Viño permitiu capacitar ao alumnado en viticultura e aspectos prácticos, como a elaboración de cartas de viños, a maridaxe, o servizo e xestión de sala, o traballo en adegas e a xestión do negocio. Tamén afondou na creación e xestión de produtos enoturísticos, nas novas tendencias do mercado na comercialización, imaxe de marca, comunicación e o enomarketing. 

“É unha oportunidade tamén para a reinvención e a innovación no sector turístico, xa que aporta ferramentas para ofrecer servizos de calidade e creación de novos produtos turísticos, atractivos e diferenciados para afrontar con maiores garantías a recuperación da pandemia”, engadiu García Porto. O curso completouse con clases prácticas de catas de viños galegos e nacionais de diferentes denominacións de orixe. 

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...