HomesociedadeDúas detencións da Garda Civil en Carballedo e Pantón

Dúas detencións da Garda Civil en Carballedo e Pantón

Aos detidos cónstalles unha requisitoria xudicial; e en Triacastela investígase a un home de 36 anos como suposto autor dun delito de furto de vehículo de motor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Triacastela de 36 anos de idade como suposto autor dun delito de furto de vehículo de motor. Os feitos teñen lugar o pasado mes de xuño, cando un vehículo que se atopaba estacionado nunha nave situada no polígono industrial de Rabade, é supostamente utilizado pola persoa investigada sen autorización do seu lexítimo propietario, cometendo tres infraccións de tráfico por exceso de velocidade imputables supostamente á persoa investigada. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

E a Garda Civil detén a un veciño da localidade lucense de Carballedo, de 21 anos de idade, ao cal lle consta unha requisitoria xudicial do Xulgado de Instrución nº 28 de Madrid consistente en procura, detención e comparecencia. Detívose tamén a un veciño de Pantón, de 80 anos de idade, ao cal lle consta unha requisitoria xudicial dimanante do Xulgado do Penal nº 2 de Lugo, consistente en procura, detención e traslado para o seu ingreso no centro penal de Bonxe.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...