IniciosociedadePecha a escola infantil do Saviñao, a cuarta en Galicia pola covid-19

Pecha a escola infantil do Saviñao, a cuarta en Galicia pola covid-19

Un contaxio por covid-19 na escola infantil O Saviñao provocou o seu peche, co que son catro as que se viron obrigadas a cesar a súa actividade ata novo aviso en Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Cuantitativamente, a situación mellorou, pois os contaxios activos nas escolas infantís e centros de ensino universitario de Galicia baixaron a 960, sete menos que onte, e as aulas pechadas, a 48, unha menos, segundo o último parte do Servizo Galego de Saúde.

Por áreas sanitarias, é a de Vigo a que segue con máis contaxios activos en escolas infantís e centros de educación non universitaria, con 236 casos. Na área A Coruña repuntaron levemente os contaxios, ata os 211 (+2), pero diminuíron en dúas as aulas pechadas, ata situarse en once; o mesmo que en Santiago, con 122 contagios (+2) e sete aulas pechadas (-1), e ao contrario que en Ferrol, onde baixan os contaxios a 79 (-2) pero soben as aulas pechadas a catro (+1).

Mellor foi a evolución nos centros educativos da área de Pontevedra, onde baixan os contaxios a 142 (-8) e as aulas pechadas a seis (-1), e nos de Lugo, con oito aulas pechadas (-1) e 128 contaxios (-1), mentres que en Ourense mantéñense invariables os 42 contaxios e unha aula pechada.

ÚLTIMAS

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...