HomesociedadeAgasalla Ribeira Sacra

Agasalla Ribeira Sacra

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra pon en marcha unha campaña en redes sociais para convidar aos seus seguidores a agasallar con Ribeira Sacra no Nadal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


As experiencias turísticas son un agasallo cada vez máis habitual en calquera celebración do ano e, “se esa experiencia se desenvolve nun espazo que reúne todos os requisitos para compensar o ano tan fatídico que levamos, semella ser o agasallo ideal,” sinalan desde o Consorcio.

Ribeira Sacra foi un dos xeodestinos galegos con mellores cifras de ocupación durante a tempada de verán e apuntaba a acadar moi bos números en outono ata que chegaron os peches perimetrais. “A oferta de servizos e recursos parece estar feita á medida dos intereses máis actuais da demanda turística que prioriza os entornos rurais e naturais, ben posicionados e con baixa incidencia da COVID. E se a iso lle engadimos a súa condición de dobre candidatura ante a UNESCO para o 2021, a proposta faise aínda máis interesante,” insisten desde o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.

Desde o Consorcio informan aos xestores das empresas turísticas de que prestan axuda na maquetación das tarxetas ou bonos-agasallo se non contan con eles. Tamén ofrecen asesoramento na composición dos mesmos e  diríxenos ás axencias de viaxe receptivo que habitualmente traballan na zona, “se queren vender os seus servizos combinados cos doutras empresas” 

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...