HomesociedadeO alcalde de Quiroga premiado pola divulgación da Xeoloxía de Galicia

O alcalde de Quiroga premiado pola divulgación da Xeoloxía de Galicia

O Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, recibirá un premio do Ilustre Colegio de Geólogos de España, polo seu apoio e divulgación á Xeoloxía de Galicia e pola construción do Museo de Xeoloxía de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este Ilustre Colegio de Geólogos aprobaba en asemblea xeral esta distinción ao alcalde quirogués no pasado mes de xuño. Entre os méritos enumeraban para entregar esta distinción, o artífice desde hai máis de 20 anos da sinalización do Pregamento de Campodola – Leixazós, cun miradoiro con carteis explicativos e a creación do Museo de Xeoloxía.

O Colegio Oficial de Geólogos de España entendía que conceder esta distinción, proposta polo xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní, axuda moito a mellorar o apoio a súa profesión nesta comunidade, baseada en que o Museo de Quiroga foi o principal argumento para a concesión da figura de  Xeoparque Montañas de Courel da Unesco, demostrando o interese pola xeoloxía da xente da zona e o apoio dos interesados na Xeoloxía do Courel. Tamén destacaban que a Cámara Mineira de Galicia lle concedera un premio como entidade destacada no apoio da Xeoloxía e da Minería.

A entrega terá lugar o venres día 18 de decembro no cóctel de Nadal que se celebrará na sede do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos en Madrid.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...