HomesociedadeO alcalde de Sarria, "preocupado" polo brote no CAPD, pide "confiar" na...

O alcalde de Sarria, “preocupado” polo brote no CAPD, pide “confiar” na dirección

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, mostrou este luns “preocupación” polo brote de covid-19 aparecido no Centro de Atención á Discapacidade (CAPD) do municipio, con seis usuarios e un traballador contaxiados, á vez que apelou a “confiar no bo facer” dos seus profesionais e a súa dirección.

Garrido lembrou que “ao principio da pandemia, no mes de abril, xa houbo un foco importante que afectou os internos e varios traballadores”, pero que “se chegou a controlar” por “o bo labor da dirección e dos traballadores”.

O rexedor insiste en que “desde maio” permaneceu libre de contaxios este centro para a discapacidade, cun cento de usuarios, e confesou que “agora sorprende relativamente” que aparecese un novo foco cando o índice de contaxios no municipio é “baixo”.

“Foi moi destacable o que pasou no mes de abril, que cun foco importante tanto en usuarios como en traballadores se controlara. Isto di moito da alta profesionalidade do persoal que alí traballa”, subliñou finalmente o alcalde a EP.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...