Homesociedade530.000 euros para a mellora do núcleo rural da Pena, en Paradela

530.000 euros para a mellora do núcleo rural da Pena, en Paradela

O Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana formalizou coa empresa Construcións Taboada e Ramos S.L o contrato das obras de recuperación e posta en valor do núcleo rural tradicional da Pena, no concello de Paradela, ás que destinará un total de 534.651 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O ministerio asume os honorarios por redacción de proxecto e dirección facultativa das obras. Estas actuacións inclúense nun conxunto de obras que teñen como obxectivo principal a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez municipios das provincias da Coruña e Lugo. O departamento que dirixe José Luis Ábalos sinalou que este é o cuarto proxecto que se adxudica.

Os labores iniciaranse este mes de decembro, e prevese un prazo de execución de dez meses. Con estes traballos recuperarase o núcleo da Pena, polo que discorre o Camiño Francés pertencente ao municipio de Paradela.

A intervención céntrase na traza do Camiño de Santiago e na zona interior, na que se dotará á poboación dos servizos de abastecemento, saneamento, rede de pluviais, así como o soterrado dos tendidos aéreos de baixa tensión e iluminación.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...