Homesociedade"Agresión Off: eu digo non á violencia sexual" este xoves en Sarria

“Agresión Off: eu digo non á violencia sexual” este xoves en Sarria

O Concello de Sarria acolle hoxe a montaxe itinerante Agresión Off: Eu digo non á violencia sexual, que está a percorrer os concellos galegos que forman parte da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero e que solicitaron participar nesta iniciativa coa que a Xunta quere concienciar á sociedade para avanzar nunha sociedade máis igualitaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A montaxe ofrece á cidadanía a posibilidade de participar en obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas, sempre cumprindo con toda a normativa de prevención contra a covid-19. Todos os talleres son inclusivos e están adaptados a todas as idades. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas propias para cada idade.  

Os obradoiros están divididos en áreas de traballo con contidos concretos cos que se pretende sensibilizar á poboación no rexeitamento da violencia sexual. Entre as temáticas que se abordan destacan o desmantelamento de estereotipos de xénero co obxectivo de combater o sexismo desde a infancia; mitos sobre o amor; alerta de micromachismos; a parella e a igualdade; autoestima e valoración persoal; violencia e novas tecnoloxías; educación en igualdade; e a importancia de estar informados. 

A Rede de entidades locais contra a violencia de xénero creouse no 2012 a través dun convenio de colaboración asinado entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na actualidade hai 211 municipios adheridos que impulsan, en coordinación coa Administración autonómica, accións de sensibilización e concienciación contra a violencia de xénero, como a exposición que se pode visitar hoxe no Paseo do Malecón en Sarria (ao carón do arco de luces de Nadal) en horario de 13,00 a 19,30.  

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...