HomesociedadeAdxudicada a redacción do proxecto para reformar a oficina da Seguridade Social...

Adxudicada a redacción do proxecto para reformar a oficina da Seguridade Social de Monforte

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, anunciou este xoves que a Seguridade Social vén de adxudicar a redacción do proxecto e dirección de obras para levar a cabo a reforma integral da oficina de atención ao público en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Isabel Rodríguez informou de que se dá así o primeiro paso para a reforma do centro de atención e información aos cidadáns da Seguridade Social na cidade do Cabe. A subdelegada lembrou que esta é a primeira vez que se realizan arranxos de importancia nunhas dependencias que presentan serios problemas de humidades e climatización motivados polo mal estado do seu illamento. 

Pola súa parte, o director provincial da Seguridade Social informou de que a redacción do proxecto e dirección de obras foi adxudicada en 31.000 euros á UTE LUDICA, que dispón dun prazo de 4 meses para deseñar o proxecto. 

Rodríguez Gude considera que esta obra é moi necesaria para mellorar o estado das dependencias e manifestou que coa execución deste proxecto consolídarase a rede composta por sete centros comarcais que cobren todo o territorio provincial, para dar a atención máis próxima posible aos cidadáns, xa que a Seguridade Social tamén ten en construción un centro en Viveiro, cuxa finalización está prevista para marzo de 2021, e acondicionou nas últimas semanas a oficina de Mondoñedo, co que o INSS pon a punto todos os seus centros de atención na provincia de Lugo.

REFORMA INTEGRAL 

Con esta obra preténdese remodelar e acondicionar de forma integral o centro de atención ao público de Monforte, situado na rúa San Pedro, número 4, que conta cunha superficie de 382 metros cadrados e que non fora reformado desde a súa apertura hai 30 anos.

Esta intervención permitirá ampliar a zona de espera e autoxestión do público, renovaranse as instalacións eléctricas e de calefacción e dotarase de máis luminosidade e sensación de amplitude ao local. 

Na actualidade, prestan servizo neste centro un total de 7 funcionarios que atenden a 16.000 usuarios ao ano das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, abarcando así unha poboación potencial de 50.000 persoas.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...