HomesociedadeUn decembro con viño da D.O. Ribeira Sacra

Un decembro con viño da D.O. Ribeira Sacra

Ademais das distintas actividades da Campaña de Nadal, a D.O. celebra este venres, 18 de decembro, ás 13.00 h a entrega de premios da última edición do “Mondial deas Vins Extremes”, que se celebraba no Val italiano de Aosta, en agosto. Nesta ocasión a D.O. Ribeira Sacra presentaba 64 mostras, 53 de tintos e 11 de brancos, pertencentes a 36 adegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

D.O. Ribeira Sacra vén de pechar o concurso de fotografías organizado en Facebook, De que che gusta acompañar o teu Ribeira Sacra?. Durante a primeira quincena de mes a D.O.Ribeira Sacra quería coñecer de que lle gusta acompañar os seus viños ao consumidor, unha comida especial, unha persoa, unha película, unha paisaxe, un lugar, unha afección,… 

As fotos participantes acompañaron o seu viño de Ribeira Sacra, principalmente, de comida, tamén houbo acompañamentos literarios e de paisaxe. As fotos participantes publicáronse na páxina de Facebook da D.O. Ribeira Sacra cos hastags #elvinodeestanavidad #oviñodestenadal #EstaNavidadpideRibeiraSacra #RibeiraSacracon#GústameRibeiraSacracon

As 3 fotos que máis “Me gusta” recibiron antes das 20.00 do día 15 de decembro son as fotos premiadas neste concurso que pretende tamén incentivar a visita ao Roteiro do Viño da Ribeira Sacra. Así os premiados son: 

  • Sonia López Rivera de Sober. Caixa de 6 botellas do viño da D.O. Ribeira Sacra + Comida ou cea (para dúas persoas) nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra. 
  • María del Carmen Galiñanes Bouzas de Vilagarcía de Arousa. Caixa de 3 botellas de viño da D.O. Ribeira Sacra + Promocionais da D.O. + Aloxamento dunha noite e almorzo (para dúas persoas) nun establecemento do Roteiro do Viño de Ribeira Sacra. 
  • Luís Taboada de Lalín. Caixa de 3 botellas do viño da D.O. Ribeira Sacra + Visita guiada a adega (para dúas persoas) da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.
Foto 2º premio


A D.O. Ribeira Sacra continuará a súa presenza en redes sociais cos vídeos de Nadal das adegas. Este 16 de decembro as adegas da D.O. Ribeira Sacra comezaron a felicitar o Nadal e mostrar os seus desexos para o novo ano.

E este xoves 17, a partir das 19.00, a catadora Mercedes González, ofrece a segunda das catas virtuais: Ribeira Sacra, O Viño deste Nadal; catas que se seguirán desenvolvendo en xaneiro. Os viños que se catarán o día 17 son:

  • Finca Cuarta Godello 2019 de Rubén Moure
  • Brandán Godello 2019 de Algueira
  • Décima Mencía 2019 de José Manuel Rodríguez González
  • Casa Moreiras Mencía 2019 de Casa Moreiras
  • Adega dos Beizos Mencía 2019 de Óscar González Rodríguez
  • Mouro Mencía 2019 de Belarmino Compañía de Vinos
  • Rectoral de Amandi Mencía barrica 2017 de Rectoral de Amandi
  • Muras do Fortes Mencía 2019 de J. Antonio Fortes López
  • Saíñas Mencía 2019 de Javier Fernández
  • Sete Tolos Barrica Mencía 2017 de Víctor Manuel Rodríguez.
foto 3º premio

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...