HomesociedadeJulio Álvarez recibiu o premio á divulgación da xeoloxía

Julio Álvarez recibiu o premio á divulgación da xeoloxía

O Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, recibiu este venres o premio do Ilustre Colegio de Geólogos de España, polo seu apoio e divulgación á Xeoloxía de Galicia e pola construción do Museo de Xeoloxía de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nun acto oficial na sede do Ilustre Colegio Oficial de Geólogos en Madrid, con todas as medidas anti- Covid, entregábase este recoñecemento ao alcalde quirogués por ser  o artífice da sinalización do Pregamento de Campodola – Leixazós e da creación do Museo de Xeoloxía de Quiroga. 

Con esta distinción, o Colegio Oficial de Geólogos de España entende que se axuda moito a mellorar o apoio á súa profesión na nosa comunidade, baseada en que o Museo de Quiroga foi o principal argumento para a concesión da figura de Xeoparque Montañas de Courel da Unesco demostrando o interese pola xeoloxía da xente da zona e o apoio dos interesados na Xeoloxía do Courel. Tamén destacaban que a Cámara Mineira de Galicia lle concedera un premio como entidade destacada no apoio da Xeoloxía e da Minería. 

Na entrega do premio, Julio Álvarez, quixo ter un recordo especial para as dúas persoas que lle inculcaron o interese pola xeoloxía e o influíron para a construción do museo Xeolóxico e para a posta en valor da xeoloxía no noso territorio: o arqueólogo Antonio Álvarez, o seu irmán, e polo xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní.

O pasado ano o Colegio Oficial de Geólogos de España concedeu este mesmo premio á Axencia Europa Press, pola súa contribución á divulgación da xeoloxía. Nun acto no que se nomeaba ao actor José Sacristán como ‘Geólogo honorífico’, en recoñecemento ao seu papel na película, Un lugar en el mundo, do director arxentino Adolfo Aristarain.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...