HomesociedadeSober inaugura un "belén centenario"

Sober inaugura un “belén centenario”

O Concello de Sober inaugurou este sábado o seu belén de Nadal cuxas pezas foron feitas por un centenario, polo veciño de Vilaoscura, Ruperto Álvarez, que este 2020 cumpriu cen anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O belén está exposto na entrada da Casa da Cultura e poderá visitarse ata despois do día de Reis. As pezas, máis de cen, foron feitas polo veciño de Sober desde que cumpriu 97 anos e ata os 99. Foron todas elaboradas con diferentes tipos de madeira.

Entre as curiosidades, unha banda de música na que se atopan os colegas de Ruperto cando era mozo. Tamén hai un carro con uvas, un río polo que discorre a auga e os Reis Magos, que son galegos. 

O propio Ruperto foi o encargado de inaugurar o belén, nun acto no que tamén estivo a súa familia, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias.

O Concello de Sober agradécelle a Ruperto e á súa familia poder amosar o belén na Casa da Cultura, “unha verdadeira obra de arte que convidamos a visitar”, explica o alcalde.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...