Homesociedade27 concellos de Lugo están "libres" de Covid

27 concellos de Lugo están “libres” de Covid

Galicia contabiliza este sábado un total de 92 municipios nos que non se rexistrou ningún caso de coronavirus nos últimos 14 días, o que implica o 29,4% dos 313 concellos galegos. No sur de Lugo os concellos sen Covid son: Folgoso do Courel, O Incio, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Triacastela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo despréndese do mapa que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, máis da metade (48) dos municipios galegos sen novos positivos por coronavirus nas últimas dúas semanas sitúanse na provincia de Ourense, pero son seis menos que os 54 do pasado sábado.

Tras Ourense, con máis da metade dos concellos libres de Covid, está Lugo como segunda provincia con máis localidades que non rexistraron positivos en 14 días, un total de 27 -o 40,3% das 67 que a compoñen-, mesma cifra que hai unha semana.

Deses catorce, no territorio do sur de Lugo temos aos seguintes: Folgoso do Courel, O Incio, Paradela, O Páramo, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Triacastela.

Desta listaxe caeron Barreiros, O Corgo, A Fonsagrada, Friol, Meira, A Pontenova, Trabada e O Valadouro, ao romper a serie de dúas semanas sen positivos. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...

Unha trintena de persoas fórmanse no sector vitivinícola grazas a un curso organizado pola APEHL

A acción formativa estivo impartida polo Instituto Galego do Viño. O seu director, Xoán...

30.000€ para mellorar o equipamento do Matadoiro Municipal de Sarria

Os fondos permitirán ao Concello mercar e facer unha obra de instalación dun box...