HomesociedadeO Bar Cruceiro de Monforte soña coa 'sorte dobre' deste 22 de...

O Bar Cruceiro de Monforte soña coa ‘sorte dobre’ deste 22 de decembro

Tras o éxito do xogo 'busca do décimo agochado', espera que o número protagonista leve un dos premios deste Sorteo de Nadal.

Publicado o

- Advertisement -

Laura Álvarez, responsable da administración de lotería que hai no establecemento, cóntanos que quedou moi satisfeita co resultado da súa iniciativa, da que demos conta días atrás.

A idea de organizar un xogo coa escusa de agasallar con décimos de lotería a monfortinas e monfortinos tivo unha gran acollida, e tanto foi así que os cinco décimos que escondera para ser buscados de sábado a luns pasaron a ser sete, dous máis, e o domingo pola noite xa apareceran todos. Algúns apareceron incluso sen tempo a facerse pública a pista correspondente.

“A iniciativa chegou a moita xente e esta fin de semana houbo moito ambiente na praza”, comenta Laura. “E gustoulle moito aos nenos/as co cal xa pensamos repetir a experiencia para o ano e facer algo concreto pensando neles tamén”, engade.

Un dos décimos atopados, detrás dun cartel informativo do xogo, no barrio de San Antonio.

Agora, se xa toca o número protagonista do xogo sería a bomba, unha “sorte dobre” para os/as afortunados/as que xa tiveron un primeiro premio atopando algún dos décimos escondidos. Esta loteira monfortina soña con esta posibilidade e cruza os dedos…

ÚLTIMAS

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...

O novo episodio de “Folcast” ten como protagonista a Terra de Lemos

O novo episodio de "Folcast" conta coa condución de Xosé Gago e Vanesa de...