HomesociedadeRibeira Sacra no Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos

Ribeira Sacra no Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos

O xeodestino Ribeira Sacra acada a certificación do grupo SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destinos), xestión que se promoveu desde o Consorcio de Turismo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O SICTE Destinos persegue un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dun mesmo destino, de maneira que non se aprecien deficiencias de calidade substanciais entre os diferentes produtos (axentes) que compoñen a oferta no destino.

O Consorcio determinou o SICTED como un proxecto estratéxico para a mellora da competitividade turística do destino nun contexto crucial como é o proceso das candidaturas ante a UNESCO como Patrimonio da Humanidade e Reserva da Biosfera.

Dende agosto de 2020, o Consorcio levou a cabo as seguintes actuacións de posta en marcha do proxecto de implantación do SICTED no xeodestino: sensibilización e captación de empresas, formación e asistencia técnica; visitas presenciais; avaliacións externas; aprobación do regulamento e constitución da Mesa de Calidade do destino e, en decembro, obtíñase o distintivo para 22 das 34 empresas participantes.

Conseguiron o distintivo este ano as seguintes empresas/entidades/servizos:

  • SILTRIP
  • CASA RURAL O CANTO DA TERRA
  • CASA DO ROMUALDO
  • APARTAMENTOS RÍO SIL
  • CASA VISTABOA
  • ADEGA CONDADO DE SEQUEIRAS
  • CASA DARÍO
  • OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE CHANTADA
  • RUTAS SACRAS S.L.
  • HOTEL CONDES DE LEMOS
  • CASA SANTIAGO
  • ENOTURISMO GALICIA
  • APARTAMENTOS RIBEIRA SACRA
  • CASA SOLVEIRA
  • HOTEL MOGAY
  • MÁIS QUE ROMÁNICO, RUTAS
  • OFICINA DE TURISMO CONCELLO DE PARADA DE SIL
  • CASA GRANDE DE COVAS APARTAMENTOS TURÍSTICOS
  • NOVAS RUTAS
  • RURAL LUXURY POMBAR
  • CASA- MUSEO FÁBRICA DE CHOCOLATE
  • PORTOMIÑO
  • REMANSO DOS PATOS
  • RESTAURANTE A CANTINA

O distintivo ten validez bienal, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento. Nos vindeiros días, o Consorcio recibirá os diplomas acreditativos da Secretaría de Estado de Turismo e, tan pronto a situación da COVID-19 o permita, terá lugar un acto de entregas aos establecementos e servizos distinguidos.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...