HomesociedadeConcentración contra a inxustiza do transporte escolar de Folgoso do Courel

Concentración contra a inxustiza do transporte escolar de Folgoso do Courel

Na mañá deste mércores, 30 de decembro, tivo lugar unha concentración en Folgoso do Courel para esixir á Xunta a revogación do actual plan de transporte escolar que inclúe, xunto con outros tres, ó concello de Folgoso do Courel.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o BNG no sur da provincia apoiaron a concentración á que asistiron diferentes cargos orgánicos e institucionais desta formación, entre eles a Deputada no parlamento de Galiza Carme Aira e o Deputado provincial Efrén Castro. “As administracións teñen que adaptarse ás realidades socioeducativas e non ao revés”, insisten desde o BNG.

Segundo sinalan deste o BNG, “Este plan deixa ao descuberto a desidia dunha administración á que a vida no rural lle é molesta, pechar as rutas actuais de Folgoso é un desastre socio laboral inmediato e un precedente para mermar servizos nas aldeas da montaña que afonda máis aínda na crise demográfica.”

“Non é razoable deseñar dende un despacho rutas idénticas para a unha cidade ou un chaira que para a serra do Courel, isto é unha mostra máis do que lle importa ao PP o deserto demográfico courelao e lucense”, declara Rosa Ana Prieto Florines, responsable comarcal do BNG nas comarcas do Sur de Lugo.

Anuncian dende esta formación política que farán seguimento nos Parlamentos galego e Europeo, para avaliar as posibilidades de reconducir esta inxustiza.

Concentración transporte escolar Folgoso do Courel / BNG

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...