Homesociedade14 hospitalizados e 33 novos casos de coronavirus na provincia

14 hospitalizados e 33 novos casos de coronavirus na provincia

Os casos activos de coronavirus na provincia aumentan en 33, situándose en 430.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus en Galicia subiron en 102 na última xornada ata alcanzar os 5.625, pero os hospitalizados reducíronse en 10 e suman 337. Os positivos detectados ascenderon a 441, 180 máis que o día anterior.

Segundo o balance de datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade este mércores, un total de 55 das persoas ingresadas en hospitais galegos atópanse en UCI, unha menos que a xornada anterior.  Nos hospitais de Lugo, A Mariña e Monforte mantéñense como os que suman un menor número de persoas ingresadas, 14, unha máis que o día anterior. Delas, dous están en críticos –unha menos–.

SUBIDA DOS POSITIVOS DIARIOS

Respecto da detección de casos, sumáronse 441 novos positivos por coronavirus nun día, o que implica un aumento de 180 en relación á xornada anterior. Mentres, o número de PCR realizadas situouse en 6.448, o que supón unha subida de 2.567.

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte presenta 50 casos confirmados, o que supón unha repunta de 37.

CASOS ACTIVOS

En relación aos casos activos en Galicia –persoas que seguen diagnosticadas de COVID-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 102 ata os 5.625. Durante o último día, a área de Lugo aumentou en 33 novos casos activos, situándose en 430.

ÚLTIMAS

Narración oral e teatro familiar en Bóveda esta fin de semana

Dúas interesantes propostas culturais ocupan a axenda no Concello de Bóveda esta fin de...

Chantada, nove anos consecutivos obtendo “4 Flores de Honra” no certame Vilas en Flor

O movemento Vilas en Flor, promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres...

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...