HomesociedadeFolgoso do Courel aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal

Folgoso do Courel aproba o Plan Xeral de Ordenación Municipal

A Corporación do Concello de Folgoso do Courel acordou a aprobación provisional, a proposta da Alcaldía, do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) tras resolver as alegacións presentadas e contar con todos os informes favorables.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Unha vez foi aprobado polo Pleno o Goberno local vaille remitir o expediente á Xunta para que a Consellería sexa quen resolva a súa aprobación definitiva. O documento contou co voto a favor do equipo de Goberno e de Courel Vivo e coa abstención do PSOE.

A alcaldesa, Lola Castro, asegura que se trata dun documento “moi importante” para o Concello, no que se levaba traballando moitos anos e que, “por fin agora imos dispor del”.

O arquitecto municipal indica no seu informe que o documento “clasifica o solo para o establecemento do réxime xurídico correspondente, define os elementos fundamentais da estrutura xeral adoptada para a ordenación urbanística do territorio e establece as determinacións orientadas a promover o seu desenvolvemento e execución”.

Tamén precisa que se adapta ás características e á complexidade urbanística do termo municipal e xustifica a coordinación dos elementos fundamentais dos sistemas xerais. Así mesmo, no citado documento, xustifícase a coherencia interna das determinacións urbanísticas, a viabilidade técnica e económica da ordenación proposta e a proporcionalidade entre o volume edificable e os espazos libres públicos de cada ámbito de ordenación. 

O arquitecto considera a documentación presentada “suficiente” para proceder a súa aprobación provisional e explica que o PXOM 2020 resulta conforme coa lexislación urbanística aplicable hoxe en día.

Exposición pública

O documento de aprobación inicial do PXOM foi aprobado por acordo do Pleno en decembro do no ano 2014. A publicación no DOG realizouse o 6 de febreiro de 2015. A proposta, sometida a exposición pública durante dous meses, obtivo 125 alegacións, das cales 122 procedían de particulares e 3 de asociacións de diferente índole ou empresas privadas.

A exposición pública tivo lugar no salón de plenos do Concello e durante os dous meses foron atendidas persoalmente as consultas dos interesados por parte do equipo redactor.

Do total das alegacións presentadas 65 resultaron aceptadas, 37 parcialmente aceptadas e 23 resultaron rexeitadas. O informe coas respostas a cada alegación de xeito individualizado foi entregado en maio deste mesmo ano.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...