HomesociedadeOs Ancares chega a -3,1 graos

Os Ancares chega a -3,1 graos

Os termómetros esborralláronse ata os case 6 graos baixo cero en zonas de montaña da franxa oriental de Galicia na madrugada deste domingo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As temperaturas máis baixas marcáronse sobre as 3,30 da madrugada na provincia de Ourense, en Cabeza de Manzaneda, con -5,8 graos, e na aldea de Lardeira, en Carballeda de Valdeorras, con -5,7.

Segundo as estacións que Meteogalicia ten en todo o territorio, as temperaturas caeron a valores negativos especialmente en zonas elevadas como as xa mencionadas, que se atopan a máis de 900 metros de altitude.

Así, ademais de Cabeza de Manzaneda e Lardeira, os puntos máis fríos a certa altitude localizáronse nos medidores de Serra do Eixe e de Corzos, no municipio ourensán da Veiga, con 3,3 e 3,2 graos baixo cero, respectivamente. Nos Ancares, no concello de Cervantes (Lugo), o termómetro marcou mínimas de 3,1 graos baixo cero esta madrugada.

Pero tamén as estacións de Meteogalicia localizadas a menos de 900 metros de altitude notificaron valores negativos. En concreto, o medidor de Verín-Vilela, en Verín (Ourense), rexistrou -3,5 graos á primeira hora da mañá, sobre as 6,50; mentres que en Calvos de Randín (Ourense) alcanzáronse os -2,4 graos.

Cabe lembrar que Meteogalicia mantén en vigor este domingo a alerta amarela en zonas de montaña da provincia de Lugo, por acumulacións de neve que poderán superar os 5 centímetros en 24 horas.

De feito, a cota de neve comezou a xornada do domingo entre os 600 e 700 metros de altitude, pero irá en progresivo descenso ata quedar de noite entre os 400 e 500 metros.

ÚLTIMAS

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...