HomesociedadeOs Reis Magos chegarán a Taboada en globo

Os Reis Magos chegarán a Taboada en globo

As especiais circunstancias da pandemia farán que as súas Maxestades sobrevoen o Concello de Taboada para rematar no Campo de Fútbol, lugar onde recibirán aos pequenos e pequenas que concertaran previamente cita con eles.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os Reis Magos non faltarán á súa cita anual no Concello de Taboada, pero este ano farano de xeito especial por mor das circunstancias da pandemia. Chegarán en globo, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, e tras sobrevoar dende as 16:00 h. a vila tomarán terra no Campo de fútbol “A Medela” ás 17:00 h.

As portas do recinto deportivo abrirán ás 16:45 h. e a entrada farase por unidades familiares con uso de máscara e distancia de seguridade. Os Reis non traerán aos seus axudantes, os Paxes, co cal prégase respecto total pola distancia e polas indicacións dos acomodadores que ordearán o achegamento ás Súas Maxestades cando lle corresponda a cada unidade familiar.

Árbores de Nadal confeccionada con neumáticos usados / XdL

Despois da breve recepción e entrega de agasallos, os nenos e nenas que o desexen poden participar da actividade de subida en globo -globo cautivo e se as condicións climatolóxicas o permiten- sempre acompañados de adultos e só posible para cativos/as que teñan máis de sete anos.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...