HomesociedadePrimeira cacerolada pola defensa do transporte escolar do Courel

Primeira cacerolada pola defensa do transporte escolar do Courel

A Valedora do Pobo estudará as alegacións enviadas polo Concello sobre o transporte escolar

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este domingo ás seis da tarde cada neno do concello de Folgoso do Courel, na súa aldea, fixo tanto ruido como puido para que as súas reivindicacións sexan escoitadas. Este luns non foron tampouco ao colexio, despois de que o venres pasado non acudira ningún alumno ao Cpi Poeta Uxío Novoneyra e, pola tarde, outra xa tiveran unha cacerolada.

O vindeiro mércores 13 ás 12 a Anpa do centro escolar convocou unha concentración no edificio administrativo da Xunta en Lugo.

cacerolada colexio Folgoso do Courel / Anpa Folgoso do Courel

E o concello de Folgoso do Courel informa de que a Valedora do Pobo vén de comunicar que estudarán o escrito presentado polo concello con repecto á situación do transporte escolar no concello. Tras dito estudo informarán se procede ou non admitir a queixa a trámite.

Nas súas alegacións, o Concello de Folgoso do Courel expón o prexuízo que supón a supresión de liñas que realizaban taxistas locais e que agora levarán a cabo empresas con microbuses. Respecto diso, censura que coa nova proposta suprímense “varias paradas”, mentres que o ancho das estradas desta zona da montaña de Lugo non está habilitado nalgúns tramos para microbuses. Así o servizo “empeora” para os alumnos, ao que se une o dano que se fai á viabilidade económica do negocio destes taxistas que levan máis de 30 anos desempeñando estes roteiros escolares. Por todo iso, o Concello de Folgoso do Courel reclama a anulación ou modificación do prego referente a estas liñas do municipio, de forma que se manteñan as seis liñas actuais para non prexudicar ao alumnado e prímese a contratación de empresas e autónomos locais.

ÚLTIMAS

Despois de 5 concertos péchase con éxito o VI Fest Clásico Ribeira Sacra

Un dos grandes retos do Festival, con sede nos Peares, é reunir a grandes...

A ANPA da Gándara de Monforte denuncia o abandono do parque de xogos

No desenvolmento das súas funcións, a ANPA, dá a coñecer públicamente as deficiencias deste...

“Cine e Cooperación, unha ventá ao mundo”, este 12 de setembro no Cuadrado de Monforte

O Concello de Monforte acollerá este xoves, 12 de setembro, ás 20:30h unha actividade...

O PP de Monforte defenderá no pleno unha correcta planificación do ciclo da auga

O concelleiro, José Luis Rodríguez, lembra que a pasada semana os veciños das rúas...