HomesociedadeA información pública o plan básico municipal do Páramo

A información pública o plan básico municipal do Páramo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete a información pública o Plan Básico Municipal (PBM) do Concello do Páramo, que foi aprobado inicialmente o pasado 10 de decembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trátase do primeiro instrumento deste tipo, recollido na Lei do Solo, que se tramita na Comunidade galega. O prazo para que as persoas ou entidades interesadas no documento poidan coñecelo e presentar as súas posibles achegas e alegacións abriuse este luns e prolongarase por un período de dous meses, segundo consta no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o citado prazo, poderá examinarse o documento en horario de oficina, con cita previa, e presentar alegacións nas dependencias do Servizo Provincial de Urbanismo da Xefatura Territorial de Lugo ou no propio Concello do Páramo. Así mesmo, tamén poderá consultarse o documento na web da Consellería e achegarse por vía telemática as referidas achegas a través do correo sxurb@xunta.gal.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...