Homesociedade15.000 euros para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de...

15.000 euros para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada

O Presidente, José Tomé, asinou un convenio de colaboración co responsable do colectivo, Enrique Rojo, para que poidan continuar atendendo aos afectados por esta enfermidade no contexto da crise sanitaria provocada pola Covid-19.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer, que conta con 9 traballadores, dá servizo a 150 usuarios e usuarias dos concellos de Chantada, Taboada e Carballedo. A diferencia doutras entidades e programas destinados a persoas afectadas por esta enfermidade, este colectivo presta tamén servizo a domicilio. Un modelo asistencial que ofrece seguridade aos enfermos no contexto da crise sanitaria e que redunda na súa calidade de vida.

Entre as atencións que reciben os doentes, a asociación tamén forma a través de novas tecnoloxías para complementar os coidados coa realización de actividades terapéuticas e ensinalos a acceder a diferentes recursos adaptados ao grao de desenvolvemento da enfermidade.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...