HomesociedadeA provincia xa suma 1.146 casos activos de Covid19 e aumenta a...

A provincia xa suma 1.146 casos activos de Covid19 e aumenta a presión asistencial

O Hula, ademáis dos pacientes na UCI con Covid19, conta con 19 hospitalizados en planta, o mesmo que o Hospital da Mariña. O Hospital de Monforte mantense con 5 pacientes ingresados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte rexistra este luns 18 de xaneiro un total de 1.146 casos activos de coronavirus, 48 máis ca os contabilizados onte. Amais diso, o Sergas informa de que nas últimas 24 horas se confirmaron 82 novos positivos a través de PCR.

A situación bate de cheo nos hospitais da provincia, que atenden 50 pacientes ingresados (sete máis ca onte). Deles, 43 están hospitalizados en planta e os sete restantes permanecen nas Unidades de Coidados Intensivos. Porén, hai tres persoas na UCI do HULA que foron trasladadas dende o Hospital de Ferrol debido ao aumento da presión hospitalaria. 

Amais dos ingresos na unidade de críticos, o HULAconta 19 pacientes en planta. Tamén o da Mariñaten 19 hospitalizacións relacionadas coa Covid-19, o que supón un aumento de seis doentes respecto de onte. Por último, o centro de Monfortemantense con cinco ingresos.

Por outra banda, no histórico da provincia documéntanse 151 falecidos, 7.054 curacións e 141.309 PCR dende o inicio da pandemia.

GALICIA

Tamén o conxunto da comunidade galega experimentou un aumento na presión hospitalaria. En apenas 24 horas, os ingresos en planta pasaron de 557 a 635, e nas UCI de 98 a 104. Esta escalada de hospitalizacións dáse logo de encadear sete xornadas reportando máis dun millar de novos casos positivos.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...