HomesociedadeReformas no colexio de Carballedo e incremento da súa eficiencia enerxética

Reformas no colexio de Carballedo e incremento da súa eficiencia enerxética

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desprazouse este martes a Carballedo para comprobar o resultado das obras de reforma que se están levando a cabo no Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Xosé Luis Taboada, nas que o Goberno Galego investiu 250.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O representante da Xunta destacou que a Consellería de Educación continúa modernizando os centros públicos, mellorando as dotacións e o confort para a comunidade educativa, e avanzando no eido da sustentabilidade ambiental, con edificios que reducen o consumo enerxético e as emisións contaminantes.

Durante pouco máis de mes e medio leváronse a cabo neste centro unhas obras nas que a principal finalidade foi a de acadar un maior aforro enerxético, ademais de executar outras actuacións accesorias para ofertar novos servizos e un maior confort para os usuarios do centro.

Cambiáronse a carpintería exterior, o illamento e as luminarias por unhas novas de tecnoloxía LED e realizáronse novas divisións, ademais de colocar falso teito no comedor e no office, e levar a cabo a reparación e pintado de paredes exteriores e interiores e da carpintería interior existente.

Así mesmo as obras permitiron actuar na recondución das augas pluviais na zona do pavillón e acometer reparacións puntuais na cuberta e no sistema de evacuación de augas pluviais.

Malia que o proxecto inicial contemplaba unha reparación parcial das escaleiras de acceso, finalmente levouse a cabo unha reforma completa das mesmas, e co fin de garantir unha maior seguridades para os escolares, colocouse unha varanda neste acceso. 

Outras melloras

Aínda que mellorar a eficiencia enerxética do centro foi o principal obxectivo destas actuacións, aproveitáronse as obras para levar a cabo varias melloras que repercutirán nun maior confort para os usuarios do centro. Entre outras, procedeuse a reparar a pintura tanto no interior como no exterior; á limpeza e pintado de patios interiores; novas divisións no comedor e office por necesidades do centro e reparacións puntuais da cuberta.

Outra das actuacións acometidas tiveron por obxecto a recondución de augas pluviais no entorno do pavillón e nas zonas de menor afección para a funcionalidade do centro, así como no sistema de evacuación de augas pluviais, dado que presentaba perdas que afectaban á salubridade.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...